Saltar ao contido

Attila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Attila (ópera)»)

Attila
Atila
FormaÓpera
Actos e escenas3 actos cun prólogo
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaSolera e Piave
Fontes literariasZacharias Werner: Attila'
Estrea17 de marzo de 1846
Teatro da estreaLa Fenice
Lugar da estreaVenecia
Duración110 minutos
Música
CompositorGiuseppe Verdi
Personaxes

Atila (baixo)
Aecio (barítono)
Odabella (soprano)
Foresto (tenor)
Uldino (tenor)
León I (baixo)

Attila é unha ópera nun prólogo e tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Temistocle Solera e Francesco Maria Piave, baseado na obra teatral Attila, König der Hunnen de Zacharias Werner. Foi estreada o 17 de marzo de 1846 no Gran Teatro La Fenice de Venecia.

Trátase dunha ópera composta na etapa verdiana "de galeras", urxente, rápida, xuvenil. É unha das caracterizadas por matices patrióticos e que deron fama a Verdi como compositor político. Ademais do tema patriótico, as personaxes teñen perfís psicolóxicos interesantes, coma o propio Atila, que é moito máis que un malvado ao uso.

Esta ópera represéntase pouco na actualidade, aparecendo nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. no posto n.º 136 das óperas representadas no período 2005-2010, sendo a 46.ª en Italia e a décimo quinta de Verdi, con 23 representacións nese período.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 17 de marzo de 1846[1]
(Director: -)
Atila (rei dos hunos) baixo Ignacio Marini
Aecio (xeneral romano) barítono Natale Costantini
Odabella (filla do señor de Aquilea, prometida de Foresto) soprano Sofía Loewe
Foresto (cabaleiro de Aquilea) tenor Carlo Guasco
Uldino (xove bretón escravo de Atila) tenor Ettore Profili
León I (vello papa romano)[2] baixo Giuseppe Romanelli
Capitáns, cabaleiros e soldados dos hunos, curas, xente de Aquilea, soldados romanos e povo de Roma.
  1. Lista de Budden, p. 244.
  2. Descrito no score como Saint Leo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]